A Xunta apoia o mercado 'Petiscos de Nadal' en Taboada, co concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre

Lugo, 14 de decembro de 2022

A Xunta de Galicia apoia o mercado Petiscos de Nadal, que se celebra esta fin de semana en Taboada, co patrocinio da actuación de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. O evento foi presentado esta mañá na Delegación Territorial de Lugo polo delegado, Javier Arias, e o alcalde do municipio, Ramiro Moure.

 

O concerto terá lugar o sábado ás 19.00 horas na Praza de Riazón, onde estará instalado o mercado. Ao longo da xornada desenvolveranse outras actividades, como a actuación da banda de rock infantil “A Gramola Gominola” ou un espectáculo e obradoiro de maxia a cargo do mago Deimi.

 

Ademais, desde o venres e ata o domingo celebrarase o concurso de tapas entre os establecementos de hostalería de Taboada.

Imaxes relacionadas