Galicia reduciu en máis de 320 M€ a súa débeda no 3º trimestre e sitúase como a 3º comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante

Cada galego debe hoxe 2.365 € menos que a media autonómica


A ratio débeda/PIB baixou de xullo a setembro ata o 16,8% o que sitúa a Galicia como a cuarta comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España


Galicia aumentou no 3º trimestre o diferencial positivo coa media ata os 7,5 puntos
 

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022 Galicia reduciu un 2,8% o seu endebedamento no terceiro trimestre do ano, o que supuxo rebaixar a súa débeda en 324 M€, e é a 3ª comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante, segundo os datos publicados hoxe polo Banco de España.

A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.270 euros, fronte aos 6.635 euros da media española, co que cada galego debe hoxe 2.365 euros menos que a media autonómica.

A ratio débeda/PIB baixou en Galicia en 0,9 puntos de xullo a setembro, do 17,7% ao 16,8% , o que supón un diferencial positivo de débeda coa media de 7,5 puntos no terceiro trimestre, xa que o conxunto das CC.AA. ten unha ratio débeda/PIB do 24,3%. Desta forma, o organismo regulador sitúa á Comunidade Autónoma galega como a cuarta de réxime común con menor endebedamento de toda España.

Volume de débeda

O Banco de España ratifica ademais que Galicia  é a comunidade autónoma que menos aumentou o seu endebedamento desde o ano 2009 o que permite que a comunidade estea agora nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos da pandemia e da crise da alza de prezos.


 
DÉBEDA POR HABITANTE
 
 
3ºT 2022
1
Canarias
2.694
2
Asturias
3.981
3
Galicia
4.270
4
Andalucia
4.367
5
Navarra*
4.633
6
Extremadura
4.857
7
Madrid
4.981
8

Pais Vasco*

5.164
9

La Rioja

5.271
10

Castilla y León

5.493
11
Cantabria
5.851
 
Total CC.AA.
6.635
12
Aragon
6.805
13
Baleares
7.442
14
Murcia
7.548
15

Castilla-La Mancha

7.574
16
Valencia
10.560
17
Cataluña
11.049
 
RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA
 
 
 
3ºT 2022
1
Canarias
13,5
2
Madrid
13,6
3
Navarra*
13,8
4

País Vasco*

14,6
5
Asturias
16,1
6
Galicia
16,8
7
La Rioja
17,8
8

Castilla y León

20,4
9
Andalucía
21,4
10
Aragón
21,9
11
Cantabria
23,00
12
Extremadura
22,8
 
CC.AA.
24,3
13
Baleares
29,6
14
Murcia
33,4
15

Castilla-La Mancha

34,1
16
Cataluña
34,6
17
Valencia
44,5
 
CC.AA. de Réxime Foral