A Xunta asiste aos actos organizados por Apcopegal con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 202

2 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta tarde aos actos organizados pola Asociación pro colexio de pedagoxía e psicopedagoxía galega (Apcopegal), con motivo da conmemoración o pasado día 3 de decembro do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O evento, que se desenvolveu na Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela, consistiu na proxección do documental ‘Quererla es crearla’ sobre a educación inclusiva. A continuación, tivo lugar unha mesa debate titulada ‘A inclusión no século XXI’, coa participación de representantes de Aspanaex, Cogami, e Paula Varela, estudante de pedagoxía con discapacidade visual.

Imaxes relacionadas