Rueda agradece ao xeneral xefe Miguel Ángel González a colaboración da Garda Civil para garantir a seguridade en Galicia

O presidente da Xunta recibiu o novo responsable da Garda Civil na Comunidade, con quen avanzou asuntos de interese na longa e frutífera colaboración do corpo de seguridade estatal co benestar da cidadanía galega

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2022.-

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu ao xeneral xefe Miguel Ángel González a colaboración da Garda Civil para garantir a seguridade en Galicia. O mandatario galego recibiu no seu despacho ao novo responsable da Garda Civil na Comunidade, nomeado recentemente como xefe da 15º zona da Garda Civil.

 

Alfonso Rueda desexou ao xeneral xefe moito éxito nas súas responsabilidades e valorou o coñecemento e a experiencia de Miguel Ángel González, lugués de nacemento, no exercicio das súas funcións tanto dentro como fóra de Galicia.

 

No encontro, o presidente da Xunta e o xeneral xefe abordaron asuntos de interese na longa e frutífera colaboración do corpo de seguridade estatal co benestar da cidadanía galega. De feito, a Garda Civil leva a cabo unha importante labor de cooperación coa Xunta tanto na loita contra os incendios forestais como na vixilancia do Camiño de Santiago e na atención aos peregrinos.

 

Alfonso Rueda recoñeceu o importante labor da Garda Civil e da Policía Nacional, en estreita colaboración coa Policía Autonómica e os axentes locais, no feito de que Galicia sexa unha das Comunidades máis seguras de España.

Imaxes relacionadas