Nava Castro destaca o pulo turístico e cultural para a nosa comunidadade dos beléns navideños

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do belén de Moraña no que se reproducen as principais iconas turísticas e bens patrimoniais do municipio.

Moraña (Pontevedra), 10 de decembro de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou hoxe unha nova edición do Belén de Moraña, onde destacou o pulo turístico e cultural que supón para a nosa comunidade iniciativas como este belén, xa que pon en valor os nosos monumentos e as nosas tradicións ao mesmo tempo supón un elemento dinamizador da vida local e un gran reclamo turístico.

Galicia atesoura unha gran tradición belenística con diferentes mostras diseminadas polas catro provincias, entre as que destacan o Belén electrónico de Begonte, en Lugo, e o Belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, declarados Festas de Interese Turística de Galicia.

Imaxes relacionadas