A Xunta súmase á celebración dos 40 anos da clasificación do monte comunal de Soutelo, no concello de Salceda de Caselas

Salceda de Caselas (Pontevedra), 10 de decembro do 2022.- O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou esta mañá no acto de celebración con motivo dos 40 anos da clasificación do monte comunal de Soutelo, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas.

Durante o acto, recoñeceuse o papel fundamental das distintas xuntas reitoras para o correcto desenvolvemento deste monte de 98 hectáreas de superficie e 123 comuneiros. Se analizamos os datos a nivel galego, a nosa Comunidade conta con 3.372 montes veciñais en man común, cunha superficie de 662.404,25 hectáreas propiedade de 118.224 comuneiros. Ademais, durante o transcurso do acto tamén se inaugurou o novo local social da Comunidade de Montes de Soutelo.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Medio Rural