A Xunta vén de executar obras por importe de 38.000 euros no colexio da Gándara, en Monforte de Lemos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que foi ampliada e acondicionada unha aula para o alumnado de Infantil e tamén se renovaron luminarias

Monforte de Lemos (Lugo), 9 de decembro de 2022

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de executar obras que suman uns38.000 euros no CEIP A Gándara, en Monforte de Lemos.


O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o centro para comprobar o resultado da ampliación e adecuación dunha aula para o alumnado de Infantil, uns traballos que tiveron un orzamento de 19.700 euros.


Explicou así mesmo que tamén acaban de ser renovadas as luminarias en varias clases deste colexio monfortino de educación Infantil e Primaria, cun investimento de 18.150 euros.


Arias destacou que o Goberno galegoproxecta pequenas actuacións segundo as necesidades de cada centro e paralelamente impulsagrandes obras ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica”, como as que remataron recentemente ou están en diferentes fases de execución por importe de 2,9 millóns de euros en seis centros da Zona Sur -IES Río Cabe, IES Francisco Daviña Rey e CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos; CEIP da Pobra do Brollón; CEIP Rosalía de Castro de Bóveda e CEIP Virxe do Carme de Sober-.

Imaxes relacionadas