Nava Castro participa na inauguración do Belén artesanal en movemento de Valga
Esta instalación foi declarada Festa de Interese turístico de Galicia no ano 2013, e pódese visitar ata o segundo domingo de xaneiro
2022-12-04
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Decembro/semana-02/DSC_0676.jpg
Valga (Pontevedra), 4 de decembro de 2022
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración do Belén Artesanal en Movemento de Valga, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2013, na que se combinan as tradicionais figuras deste tipo de recreacións de Nadal con alusión aos costumes e oficios galegos e referencias á actualidade do ano.
“O Belén artesanal en movemento de Valga é unha das composicións do Nadal máis espectaculares de Galicia, non só polas súas dimensións, xa que non se limita a recoller escenas típicas da tradición relixiosa, senón que incorpora tamén elementos da actualidade”, resaltou a directora de Turismo.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia