O presidente da Xunta visitou hoxe en Poio o restaurante Pepe Vieira, que acaba de conseguir a segunda estrela Michelin
A Xunta comprométese a fortalecer a alianza da gastronomía e do turismo de calidade en Galicia
Poio (Pontevedra), 3 de decembro de 2022 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosou hoxe o compromiso da Xunta en continuar traballando por fortalecer a alianza da gastronomía e turismo de calidade en Galicia. Así o manifestou durante a visita que realizou en Poio ao restaurante Pepe Vieira, co gallo da consecución da segunda estrela Michelin.
Na consecución destas cifras considerou importante a contribución da gastronomía de calidade con “recoñecementos internacionais” como os que ten recibido o cociñeiro Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira, ao que felicitou pola “moi merecida” segunda estrela Michelin. Precisamente, enxalzou os vencellos entre o Camiño de Santiago coa cociña de alta calidade como factor a ter en conta no incremento do número de visitantes a Galicia.