A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do libro ‘Galician Stories’

Madrid, 1 de decembro de 2022 Juan Serrano, director da Casa de Galicia, deu onte a benvida a Silvia De Pablos que presentou o seu libro Galician Stories, unha novela de misterio que “fará que o lector vexa Galicia con outros ollos”, dixo a escritora que estivo acompañada polo editor Sergio Mejías.

 

Publicado por bubok Editorial, o libro conta como unha xornalista de investigación viaxa a Galicia a facer a súa tese doutoral sobre os misterios e lendas desa rexión. No medio das súas investigacións, involúcrase nunha investigación criminal para resolver a desaparición dalgunhas persoas en estrañas circunstancias e implícase, case sen querer, en enigmáticos fenómenos.

 

Os incomparables marcos naturais do mar e do rural galego son o escenario desta obra de suspense e feitos paranormales.

 

Silvia de Pablos é economista de profesión, pero encamiñou a súa carreira cara á docencia e a escritura. Por outra banda, tamén é afeccionada á arte, á historia e ao xénero literario co que se estrea como autora: o suspense.

Imaxes relacionadas