Trenor reunise coa nova directora da Biblioteca Pública Miguel González Garcés, Alejandra Mosquera

A Coruña, 1 de decembro de 2022 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse esta mañá coa nova directora da Biblioteca Pública da Coruña, Miguel González Garcés, Alejandra Mosquera Souto. O representante do Goberno galego destacou a experiencia da nova directora xa que foi directora da Biblioteca da Xunta en Pontevedra e animouna a afrontar este novo reto con ilusión para que este centro continúe sendo un dos principais referentes culturais da cidade.

 

Trenor subliñou a calidade dos espazos de aprendizaxe e as actividades que se organizan ao longo do ano nesta biblioteca e apostou por seguir mellorando o seu rendemento para que siga funcionando como espazo de encontro e intercambio para os coruñeses.

Imaxes relacionadas