Diego Calvo reúnese co novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2022 O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse hoxe co xeneral de Brigada Miguel Ángel González Arias, recentemente nomeado como xefe da 15º zona da Garda Civil-Comunidade Autónoma de Galicia, a quen desexou éxito nesta nova responsabilidade.

 

No encontro púxose en valor o labor da Garda Civil a prol da seguridade en Galicia, especialmente no eido rural, así como a súa colaboración na loita contra os incendios forestais ou na atención aos peregrinos nas rutas xacobeas, entre outros cometidos. 

Imaxes relacionadas