Serrano visita Ifema para apoiar as distintas DDOO galegas presentes no XXII Salón Peñín dos mellores viños de España

Madrid, 29 de novembro de 2022 Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, asistiu ao XXII Salón Peñín dos mellores viños de España onde se reúnen máis de 400 adegas españolas de todas as zonas produtoras que dan a coñecer máis de 2.000 referencias.

 

Serrano detívose nas casetas das distintas DDOO galegas que se mostraron agradecidas polo apoio mostrado coa súa visita.

 

No evento, participan cada ano todo tipo de proxectos enolóxicos: desde as adegas e os grupos máis coñecidos, ás pequenas adegas familiares de limitadas producións ou propostas máis persoais. Como xa é habitual, Peñín manterá a súa aposta pola calidade seleccionando só aqueles viños que obtiveran unha cualificación de 90 ou máis puntos na Guía Peñín, considerada o manual de viño español máis completo do mundo con máis de 10.000 catas cada ano. Conta con edicións en español, inglés, alemán e chinés, e é a ferramenta máis utilizada por afeccionados e profesionais para a toma de decisións de compra de viño español.

 

Peñín é o líder na organización de salóns de promoción de adegas e viños españois a nivel nacional e internacional. Ademais, desenvolve outras áreas de negocio en torno ao viño, como formación, servizos de comunicación e asesoría enolóxica.

 

Imaxes relacionadas