A Xunta publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Briallos, no concello pontevedrés de Portas

O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o anuncio pertinente da Consellería do Medio Rural, sobre esta reorganización territorial que afecta a unha superficie total de 339 hectáreas
 

Ata agora supuxo un investimento de máis de 2,2 millóns de euros por parte do Goberno galego

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Briallos, no concello pontevedrés de Portas, que afecta unha superficie de 339 hectáreas. 

 

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 3.688 parcelas de 726 propietarios en 1.355 predios, nun proceso que ata agora supuxo un investimento de máis de 2,2 millóns de euros por parte da Xunta.

 

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou -no seu defecto- da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e no DOG.

 
Enlace ao anuncio no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221129/AnuncioG0426-151122-0004_gl.html