A Xunta participa na presentación da proba ciclista O Gran Camiño 23 que terá lugar en Galicia o vindeiro mes de febreiro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron na presentación da proba que terá lugar en Galicia o vindeiro mes de febreiro

A proba ciclista do calendario UCI Europa terá lugar na nosa Comunidade en febreiro de 2023.
 

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron hoxe na presentación do Gran Camiño 23, proba ciclista do calendario UCI Europa que terá lugar na nosa Comunidade o vindeiro mes de febreiro.  

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia puxo en valor iniciativas como esta gracias as cales Galicia está a ser un destino turístico de moda, avalado pola chegada de máis de 5,8 millóns de turistas no que vai de ano. 

O Gran Camiño continua coa promoción de Galicia e centrase en crecer deportivamente para posicionar a "Volta" entre as máis prestixiosas do mundo. “O Gran Camiño 23 visitará o próximo ano algúns dos principais monumentos de Galicia, sen olvidar o papel que xoga o Camiño de Santiago na proba”, finalizou Nava Castro. 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou os grandes fitos do ciclismo en Galicia nos últimos anos como o Tour de Francia de Óscar Pereiro, o equipo profesional Xacobeo Galicia que competiu de 2006 a 2010, a morea de etapas galegas de La Vuelta a España nos últimos dez anos, o equipo feminino con licencia profesional Team Farto e como non, o regreso, en 2022, dunha volta ciclista galega profesional.  

Neste sentido lembrou o renome dalgúns dos mellores ciclistas do mundo que competiron no Gran Camiño 2022, e destacou a importancia de que cinco corredores galegos como Álex Marque, Delio Fernández, Carlos Canal, Guillermo García ou Samuel Blanco estiveran entre eles. Lete Lasa asegurou que as cifras que O Gran Camiño 2023 deixará en Galicia serán aínda mellores que as de 2022.