A Xunta apoia a participación do piloto meirego Sergio Vallejo no Dakar 2023

Lugo, 25 de novembro de 2022.- A Xunta de Galicia colabora co piloto meirego Sergio Vallejo para participar no Dakar 2023, no que o acompañará como copiloto o tamén lucense Mario Tomé. A proba desenvolverase entre o 31 de decembro deste ano e o 15 de xaneiro de 2023.


O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á presentación destenovo reto deportivo de Vallejo, dúas veces campión de España de rallies, e do coche co que correrá no Dakar, un Century Racing CR6. Desexoulle sorte para afrontar a competición e agradeceulle “a ilusión que nos traslada aos lucenses a a todos os galegos”, á vez que “constata o magnífico potencial do noso deporte en diferentes modalidades, entre elas a de motor, con moita tradición na Comunidade”.

Imaxes relacionadas