Fernández-Tapias aposta pola educación e a formación como mellor solución na loita contra a violencia de xénero

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou nos actos do 25-N e na charla co alumnado de Bacharelato do IES de Valadares

Vigo, 25 de novembro de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este venres nos actos públicos con motivo do 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contras as Mulleres. Tras asistir á charla con alumnado de Bacharelato do IES Valadares, a representante autonómica deu lectura á declaración institucionale .gardar un minuto de silencio na sede da Delegación viguesa, a representante autonómica

 

“A solución ao problmea reside na formación e na educación, especialmente nas idades máis temperás, e aí é onde debemos ensinar a nenos e nenas o respecto pola igualdade e o rexeitamento de todo tipo de violencia”, apuntou durante a súa intervención ante os estudantes vigueses.

 

Ademais, deu o seu “absoluto apoio” a todas as mulleres que sofren a violencia en todas as súas esferas e sinalou que “a única cifra admisible de vítimas é cero”. “Desde a Xunta seguimos na acción de loita contra este grave problema que afecta a moitas mulleres e queremos animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”, engadiu.

 

Fernández-Tapias destacou a importancia de ter unha Consellería específica pola Igualdade e sinalou que a Xunta de Galicia continuará dando apoio directo ás vítimas e seguirá loitando para erradicar a violencia de xénero. “Esta labor unicamente se conseguirá co compromiso de todos e todas para incidir na educación en igualdade”, apuntou.

 

A delegada participou este venres nunha charla con alumnos e alumnas de 17 a 19 anos, estudantes de Bacharelato no IES de Valadares, sobre a violencia de xénero.

 

Na actividade estiveron tamén presentes Óscar Vladimir Vallejo Torres, fiscal de Vigo, e Maite Feijoo García, policía autonómica. Tamén participaron a secretaria territorial, Ana Órtiz; a xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño; a directora do IES Valladares, Eva López, e o tutor Alejandro Mena.

 

Declaración institucional

Fernández-Tapias incidiu en que o Goberno galego alumeará en breve unha nova Lei Galega de Igualdade que “seguirá a facer da loita contra a violencia e a discriminación da muller a súa bandeira”.

 

Destacou tamén que tal e como recolle a declaración institucional da Xunta en este 25-N, a iniciativa legal permitirá visibilizar novas desigualdades e avanzar para erradicalas, recoñecerá a realidade das vítimas de discriminación múltiple e impulsará a protección das mulleres fronte a ataques sexistas a través de medios tecnolóxicos.

 

Imaxes relacionadas