O presidente de FEVEGA traslada ao secretario xeral da Emigración o intenso labor desenvolvido nas súas oficinas para retornados que complementan ás da Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022.-

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo con Manuel Pérez Vidal, presidente da Federación de Venezolanos de Galicia (FEVEGA), con quen analizou o balance de actuación das súas oficinas informativas para retornados que esta entidade xestiona por toda Galicia en colaboración coa administración autonómica.

 

Estas oficinas veñen a complementar o traballo que se realiza dende a Oficina de Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da Xunta de Galicia. Destacan especialmente as itinerantes coas que conta Fevega, que achegan a información sobre diversas cuestións relativas ao retorno a aquelas persoas que as demandan por toda a comunidade autónoma.

Imaxes relacionadas