A economía galega medrou no terceiro trimestre do 2022 un 2,5%

Con respecto ao trimestre anterior, a taxa do PIB situouse no 0,0%
 

O emprego medrou un 1,2% ata finais do mes de setembro creándose máis de 11.800 postos de traballo a tempo completo

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2022 A economía galega medrou no terceiro trimestre do ano 2022 un 2,5% en relación ao mesmo trimestre do ano anterior. O instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe os datos de contabilidade trimestral referentes ao terceiro trimestre deste exercicio. En canto á evolución intertrimestral, a taxa do PIB autonómico situouse no 0,0%.

 

Desde o punto de vista da demanda, neste terceiro trimestre as exportacións de bens e servizos aumentaron un 8,1%, e a formación bruta de capital medrou un 0,5%. No que respecta á oferta, os servizos medraron un 4,8%, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (+12,0%); e a construción un 0,6%.

 

Ademais, os datos de contabilidade trimestral do IGE mostran que o emprego –medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo- medrou no terceiro trimestre un 1,2%, o que supón un incremento de 11.882 postos respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

 

Por ramas de actividade, o emprego creceu un 1,5% no sector da construción; un 1,4% no sector da industria; e un 1,2% no sector servizos –cun incremento do 3,1% no comercio, transporte e hostalería.

Imaxes relacionadas