A Xunta apoia os galardoados galegos na XXXIV edición dos Premios Alimentos de España

Madrid, 24 de novembro do 2022 O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, apoiou coa súa presenza os produtores galegos galardoados na XXXIV edición dos Premios Alimentos de España, organizados polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

 

Así, este ano foi premiado na categoría de viños a adega Ramón do Casar S.L, ubicada no concello ourensán de Castrelo de Miño e inscrita á denominación de orixe Ribeiro. Ademais, tamén obtivo un accésit como iniciativa emprendedora a empresa láctea Kalekoi S.L., situada no municipio pontevedrés de Lalín.

Imaxes relacionadas