A Xunta realiza unha formación de ecografía básica para os médicos de residencias

A Coruña, 23 de novembro de 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe ao curso básico de ecografía para médicos de residencias, organizado en colaboración coa unidade de coordinación de residencias da Área sanitaria da Coruña e o Colexio Oficial de Médicos da A Coruña, e posto en marcha dentro do plan de formación continuada para traballadores de centros residenciais que está impulsando o Goberno galego.

 

Antón Acevedo recordou que a aposta pola formación é un dos piares básicos do novo modelo, que tamén contempla o uso das novas tecnoloxías, as melloras arquitectónicas e a coordinación sociosanitaria para avanzar no coidado das persoas maiores.

Imaxes relacionadas