A Xunta traballa na posta en marcha de programas para a capacitación e incorporación de traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, co obxectivo de poñer en marcha programas que faciliten a incorporación de traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral favorecendo a súa capacitación. 

 

No encontro tamén estivo presente a subdirectora de Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís e a subdirectora xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego, Carmen Orgeira. Estes programas terán como finalidade lograr mellorar a cualificación dos galegos do exterior que opten por elixir Galicia como destino e facilitar a súa empregabilidade.

Imaxes relacionadas