Martina Aneiros reforza o compromiso da Xunta con Ferrolterra na comisión de coordinación da Delegación Territorial

Ferrol, 23 de novembro de 2022 A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá a comisión territorial de coordinación da Delegación Territorial da Xunta en Ferrol á que asistiron os xefes territoriais das distintas consellerías e na que reforzou o compromiso do Goberno autonómico coa comarca.

 

Trátase dun órgano de xestión administrativa que se reúne con certa periodicidade e que serve para impulsar e coordinar o funcionamento do conxunto dos departamentos da delegación territorial.

 

No encontro desta mañá analizáronse os anuncios por parte da Xunta dos investimentos previstos nos Orzamentos 2023 e se fixo un repaso das actuacións, recentes ou en marcha, e das distintas achegas e programas do executivo autonómico nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

 
“O desenvolvemento deste tipo de comisións serven para que a información entre os distintos departamentos flúa de maneira máis dinámica e transversal”, explicou a delegada territorial, “á vez que permite analizar as casuísticas que se están a producir nos 20 concellos da delegación e atopar as mellores solucións”.

Imaxes relacionadas