Martina Aneiros destaca a relevancia do patrimonio cultural e histórico das navegacións marítimas na clausura da exposición itinerante ‘Exploraterra’

A iniciativa forma parte dun proxecto no que colabora a Xunta e a Fundación Nao Victoria e que pretende incentivar a atracción de fluxos turísticos mediante a posta en valor dos portos galegos nas expedicións transoceánicas

Ferrol, 22 de novembro de 2022  A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, inaugurou esta tarde a xornada de clausura da exposición do proxecto Exploraterra, no marco dunha iniciativa liderada pola Fundación Nao Victoria, que conta coa participación da Xunta, a través de Turismo de Galicia. A iniciativa ten por obxecto poñer en valor e promover o coñecemento do patrimonio cultural e histórico vinculado á Primeira Circunnavegación e as moitas expedicións Marítimas Xeográficas.

 

Na súa intervención, Martina Aneiros puxo en valor esta “campaña itinerante sen precedentes” e que permite a través dos barcos máis icónicos, contribuír ao impulso turístico e á reactivación económica do espazo transfronteirizo, así como destacar a importancia que os portos galegos tiveron nesas expedicións transoceánicas. Tamén da a coñecer algunhas das personaxes de maior relevancia destas expedicións.

 

A delegada territorial exaltou ademais a relevancia do proxecto en tanto tamén permite visibilizar e achegar a todos os públicos o atractivo cultural e turístico da historia marítima.

 

Turismo de Galicia participa cunha achega de preto de 300.000 euros a esta iniciativa cultural destinada a promover diferentes accións entre as que se inclúe a rehabilitación integral da carabela A Pinta e a elaboración desta exposición itinerante e un documental baseado na temática do proxecto.

Imaxes relacionadas