Medio centenar de rapaces e rapazas compiten na novena xornada da Liga Xunta Galicia de Break no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

A última xornada será en Santiago de Compostela o vindeiro 26 de novembro

20 de novembro de 2022 O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu no serán de onte á novena xornada da Liga Xunta Galicia de Break que contou coa participación de preto de medio centenar de rapaces e rapazas nas categorías de iniciación, intermedio e avanzado. Esta competición ten lugar grazas á colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

A Liga Xunta de Galicia de Break 2022 chega a Pontevedra tras as súas oito primeiras citas na cidades de Lalín (14 de maio), Viveiro (28 de maio), Noia (4 de xuño), Porto do Son (2 de xullo), Verín (27 de agosto), Vigo (10 de setembro), Pontedeume (8 de outubro) e Ourense (5 de novembro). A última xornada será en Santiago de Compostela o vindeiro 26 de novembro.

Imaxes relacionadas