O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste á representación teatral da obra 'Golpes’, en Coles

Ourense, 18 de novembro de 2022.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá no Auditorio do concello de Coles á representación da obra ‘Golpes’; espectáculo teatral pedagóxico de sensibilización sobre a violencia de xénero, que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade Santa Águeda.

 

Esta actuación de prevención, información e asistencia directa enmárcase na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero baixo a intervención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, e no marco do Acordo de Colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

Imaxes relacionadas