Responsables do 112 de todo o territorio español coñecen as instalacións de emerxencias e seguridade da Xunta

A Estrada (Pontevedra), 16 de novembro de 2022 O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, recibiron hoxe na Estrada os participantes no Congreso Anual do Foro de Responsables 112 España, que se celebra ata mañá en Galicia.

As persoas asistentes ao congreso participaron nunha xuntanza de traballo na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), na que Santiago Villanueva destacou a importancia deste foro como punto de encontro para compartir coñecementos e experiencias, así como para abordar as últimas novidades en materia de xestión de emerxencias e facer balance das xa implantadas. Ademais, tiveron ocasión de coñecer as instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, un elemento clave na integración e coordinación dos servizos de atención ás emerxencias ante calquera incidencia e que en 2023 será reforzado tanto en persoal coma en ciberseguridade e tecnoloxía.

Imaxes relacionadas