A execución das obras do treito da VAC TUI-A Guarda, entre os enlaces da autovía A-55 e Areas, fará necesario un corte de tráfico na madrugada de mañá

Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo dende as 22 horas de máña ata as 6 horas do xoves

O obxectivo é a montaxe das vigas prefabricadas que conformarán o tableiro necesario para a construción dun novo paso superior que dea servizo ás vías locais do Concello de Tui

Como itinerario alternativo, desde a saída 29, sentido Portugal, usarase a estrada PO-340, incorporándose á N-550 e logo á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido O Porriño, pero á inversa
 

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

A execución das obras do treito da VAC Tui-A Guarda entre os enlaces da autovía A-55 e de Areas fará necesario un corte de tráfico na madrugada de mañá.

Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo dende as 22 horas de mañá ata as 6 horas do xoves.

O obxectivo é a montaxe das vigas prefabricadas que conformarán o tableiro de 46 metros de longo, necesario para a construción dun novo paso superior que dea servizo ás vías locais do Concello de Tui, en substitución do existente.

Para a realización destes traballos en condicións de seguridade, cómpre o corte total de ambas as calzadas da autovía durante a vindeira noite.

Co fin de poder dar servizo a ambos os sentidos de circulación polo itinerario alternativo, desde a saída 29, sentido Portugal, usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e logo á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido Porriño, pero á inversa.

A intervención fará necesario un segundo corte de tráfico, previsto entre o venres 25 e o domingo 27, para acometer a demolición do paso superior.

Estes traballos forman parte da execución da VAC Tui- A Guarda, entre os enlaces da A-55 e Areas, que se prevé poñer en servizo a mediados de 2023, tras un investimento autonómico de 21 M€.

No que se refire á execución das obras, este tramo xa conta cos traballos previos practicamente rematados e o movemento de terras ao 75%.

Na actualidade está a avanzar o estendido da capa intermedia de firmes no tronco da VAC, quedando pendente a actuación dos catro ramais de entrada e saída.

Imaxes relacionadas