Fernández-Tapias recibe á directiva da nova Asociación Cultural Distrito Casablanca

Vigo, 14 de novembro de 2022 A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, mantivo este luns un encontro coa directiva da nova Asociación Cultural Distrito Casablanca para coñecer o seu programa de actividades para os próximos meses nos que se inclúe música, cine e teatro, entre outras iniciativas.

A representante autonómica recibiu aos directivos, encabezados polo seu presidente Alberto Cunha, e animounos a dinamizar o barrio vigués, así como a colaborar con outros colectivos veciñais e culturais. Fernández-Tapias amosou a súa disposición e a do Goberno galego para colaborar coa asociación en todo o necesario para reactivar a vida social e cultural do distrito Casablanca. 

Imaxes relacionadas