Un total de 8 empresas da comarca da Coruña do sector agroalimentario recibirán máis de 5 M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios

O delegado da Xunta visitou a empresa SAT Queinaga, unha das beneficiarias con máis de 1,4 millóns euros para levar a cabo a ampliación das súas instalacións

O seu obxectivo principal é crear novas industrias agroalimentarias, así como mellorar as xa existentes

Curtis (A Coruña), 14 de novembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural, José Manuel Santos Maneiro, visitaron a empresa SAT Queinaga , unha das beneficiarias con máis de 1,4 millóns de euros da orde de axudas para levar a cabo investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader). Estas axudas repartirán entre 8 empresas da área da Coruña máis de 5 millóns de euros que mobilizarán en investimentos nesta comarca máis de 15 millóns de euros.

 

No caso de Queinaga a axuda que recibirá do Goberno galego permitiralle levar a cabo a ampliación das súa fábrica de queixos en Curtis.  Esta industria de elaboración de queixos creouse no ano 1993. Na actualidade elaboranse anualmente 3.300 tm de queixos acollidos a DOP Arzúa-Ulloa, a DOP Queixo Tetilla e tamén , queixos de producción ecolóxica.

 

Coa axuda concedida pola Xunta de 1,4 millóns de euros mobilizarase un investimentos de 3,2 millóns de euros para una obra nova de ampliación de 1.577 m2 e unha reforma sobre 630 m2, equipándose con maquinaria moderna para elaboración de queixos.

 

Así, esta orde de axudas busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios. No caso das subvencións, consistiron en axudas para a execución deses proxectos, mentres as garantías para préstamos consistiron en garantías do 80% do risco inherente a cada empréstito formalizado destinado a financiar os investimentos.

 

Para iso, foron suxeito de subvención actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén, estas achegas sufragarán a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos.

 

Ademais, como novidade, deuse prioridade ás asociacións de produtores que se uniron para levar investimentos en común. Deste xeito, concedéuselles a máxima puntuación no apartado de beneficio a produtores dos criterios de valoración ás cooperativas agrarias galegas ou ás sociedades participadas maioritariamente (máis do 50%) por cooperativas agrarias galegas ou por asociacións e organizacións de produtores da nosa comunidade.

 
 
 
 
BENEFICIARIO
OBXETO PROXECTO
CONCELLO
 INV.SUBVENC.
 AXUDA TOTAL
CARNICAS GALBÁN SL

AMPLIACIÓN DE SALA DE DESPIECE

A CORUÑA
           119.163,60 €
        29.790,90 €

COOP. AGRARIA PROVINCIAL DE A CORUÑA,SCG

MELLORAS EN INDUSTRIA DE ELABORACION DE XEADOS
BERGONDO
           158.226,14 €
        31.645,23 €
PIENSOS SIL SL
CREACIÓN FABRICA DE PENSOS
CURTIS
        6.474.813,52 €
   1.942.444,06 €
INLEIT INGREDIENTS S.L.U
MODERNIZACION E MELLORA EN LEITE EN PO E PERMEADOS
CURTIS
        4.727.602,02 €
   1.418.280,61 €
SAT QUEINAGA N 871 XUGA 

AMPLIACIÓN EN FÁBRICA DE QUEIXOS

CURTIS
        3.219.718,27 €
   1.448.873,22 €
CASA GRANDE DE XANCEDA S.L.
MELLORAS TENCOLÓXICAS EN INDUSTRIA DE ELABORACIÓN DE IOGUR
MESIA
           275.742,18 €
        82.722,65 €

ORBALLO INNOVACIONES FORESTALES SL

AMPLIACIÓN E MELLORAS EN PROCESADO DE PRODUTOS VEXETAIS

OLEIROS/PADERNE
             82.463,63 €
        32.985,45 €

EL PLANTEL COMARCAL DE BETANZOS,SCG

MELLORAS TECNOLOXICAS EN FABRICA DE PENSOS
PADERNE
             69.475,09 €
        24.316,28 €
AXUDAS 8
   
      15.127.204,45€
   5.011.058,40€
 
 

Imaxes relacionadas