Fernández-Tapias recibe ao triplo mundialista do FSV Vigo Chevy Guzmán ao seu regreso da Arxentina

Vigo, 11 de novembro de 2022 A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe un encontro co triplo mundialista do FSV Vigo Chevy Guzmán ao seu regreso da Arxentina.

 

A representante autonómica quixo felicitar ao velocista polos éxitos logrados no Campionato do Mundo de Patinaxe celebrado en Bos Aires (World Roller Games Arxentina) ao que agradeceu a súa contribución aos éxitos do deporte vigués.

 

O deportista vigués de orixe venezolano firmou tres ouros na proba de volta o circuíto na modalidade de patinaxe de velocidade, en 200 metros dual e 100 metros sprint. Ademais, este mesmo ano acadou no Campionato de Europa disputado en Italia a medalla de ouro en 200, 1.000 e vola ao circuíto 100 metros.

 

Imaxes relacionadas