Un total de 11 empresas da área de Santiago do sector agroalimentario recibirán máis de 4M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios

O delegado da Xunta e a alcaldesa visitaron a empresa Lácteos Ferrado Verde, unha das beneficiarias con máis de 100.000 euros para levar a cabo a renovación tecnolóxica das súas instalacións

O seu obxectivo principal é crear novas industrias agroalimentarias, así como mellorar as xa existentes
 

Santa Comba (A Coruña), 10 de novembro de 2022 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural, José Manuel Santos Maneiro, visitaron a empresa Lácteos Ferrado Verde, unha das beneficiarias con máis de 100.000 euros da orde de axudas para levar a cabo investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader). Estas axudas repartirán entre 11 empresas da área de Santiago máis de 4 millóns de euros que mobilizarán en investimentos nesta área máis de 11 millóns de euros. 

Así, esta orde de axudas busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios. No caso das subvencións, consistiron en axudas para a execución deses proxectos, mentres as garantías para préstamos consistiron en garantías do 80% do risco inherente a cada empréstito formalizado destinado a financiar os investimentos. 

Para iso, foron suxeito de subvención actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén, estas achegas sufragarán a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos.  

Ademais, como novidade, deuse prioridade ás asociacións de produtores que se uniron para levar investimentos en común. Deste xeito, concedéuselles a máxima puntuación no apartado de beneficio a produtores dos criterios de valoración ás cooperativas agrarias galegas ou ás sociedades participadas maioritariamente (máis do 50%) por cooperativas agrarias galegas ou por asociacións e organizacións de produtores da nosa comunidade.

 
BENEFICIARIO
OBXETO PROXECTO
CONCELLO
 INV.SUBVENC.
       AXUDA
COOP LACTEAS UNIDAS SCG
MELLORAS TECNOLÓXICAS EN FÁBRICA DE PENSOS
AMES
       622.516,71 €
       186.755,01 €

QUEIXERÍA BARRAL, S.L.U. 

AMPLIACIÓN E MELLORAS TECNOLOXICAS EN FÁBRICA DE QUEIXOS
ARZUA
         90.084,60 €
         31.529,61 €
MATADERO DEL SAR, S.L.

AMPLIACIÓN E MELLORAS EN INDUSTRIA CARNICA

DODRO
    4.557.258,68 €
    1.595.040,54 €
CENTRAL DE FRADES SCG
MELLORAS TECNOLOXICAS E AMPLIACIÓN DE ALMACEN EN FABRICA DE PENSOS
FRADES
       264.999,61 €
         92.749,86 €
ECOCENTRO SC

MELLORAS TECNOLÓXICAS CENTRO CLASIFICACIÓN E ENVASADO OVOS

MELIDE
    2.168.692,51 €
       759.042,38 €
AVÍCOLA GRAO S.L.
MELLORAS EN MATADOIRO E SALA DE DESPECE DE AVES
MELIDE
       721.451,02 €
       180.362,76 €
DAIRYLAC, S.L. 

MELLORAS TECNOLÓXICAS EN INDUSTRIA LÁCTEA

MELIDE
       885.977,14 €
       354.390,86 €
COOP LACTEAS UNIDAS SCG
MELLORAS TENCOLÓXICAS EN FÁBRICA DE PENSOS
MELIDE
         60.417,00 €
         21.145,95 €
XALLAS DE SANTA COMBA SCG

MELLORAS TECNOLÓXICAS EN FÁBRICA DE PENSOS

SANTA COMBA
       125.850,00 €
         44.047,50 €
LÁCTEOS FERRADO VERDE, S.L.
MELLORAS TECNOLÓXICAS EN QUEIXERÍA
SANTA COMBA
       305.076,20 €
       106.776,67 €
QUEIZUAR SL 

AMPLIACIÓN EN FÁBRICA DE QUEIXOS

TOURO
    2.057.088,93 €
       719.981,13 €
 
AXUDAS 11
   
 
 11.859.412,40€
  
 4.091.822,27€
 

Imaxes relacionadas