A Xunta coñece a Cátedra do Idadismo da Universidade de Vigo e impulsada por Afaga e Atendo

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, coñeceu hoxe de primeira man a Cátedra do Idadismo da Universidade de Vigo, unha iniciativa pioneira en España que impulsan conxuntamente a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afaga) e outras Demencias de Galicia e a Atendo.

 

Esta é a primeira cátedra sobre esta temática que existe en España e procura concienciar sobre o papel dos maiores na sociedade. Neste sentido, Antón Acevedo recordou o compromiso da Xunta de Galicia por ofrecer ás persoas de máis idade alternativas para pasar estes anos como eles libremente escollan, xa sexa cos mellores coidados especializados ou con alternativas de ocio e envellecemento activo.