Farmacéuticos do Sergas participan no debate sobre os retos do futuro da política farmaceútica

A Facultade de Medicina de Santiago de Compostela (USC) acolleu esta mañá o segundo dos tres encontros nacionais sobre política farmacéutica
 

O obxectivo desta xornada é que os responsables autonómicos en materia de política farmacéutica, analicen os retos que presenta o futuro do eido farmaceútico, así como as prioridades da prestación, xestión e ordenación farmacéutica
 

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2022 

A Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), acolleu esta mañá o segundo “Encontro autonómico sobre política farmacéutica”, no que directores de Farmacia das diferentes administración autonómicas, analizaron os retos de futuro, no marco da Estratexia Farmacéutica Europea.

O secretario xeral da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada; e o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; asistiron esta mañá a inauguración dunha xornada nas que, ademais dos responsables galegos, participan directores de Farmacia das comunidades autónomas de: Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco e A Rioxa,

Organizado pola Asociación Española de Dereito Farmacéutico (ASEDEF), o obxectivo desta xornada é que os responsables autonómicos en materia de política farmacéutica, analicen os retos que presenta o futuro neste ámbito, ademais de analizar as prioridades da prestación, xestión e ordenación farmacéutica, asegurando con isto, a sustentabilidade que require o sistema sanitario.

Nesta liña, coordinado polo director de Farmacia do Departamento de Saúde do Goberno vasco, Jon Iñaki Betolaza San Miguel; e presentado pola subdirectora xeral de Farmacia do Servizo Galego de Saúde, Silvia Reboredo García; neste encontro tamén se debaterán propostas ,

de actuación no marco da Estratexia Farmacéutica Europea, coa que se pretende garantir que os pacientes teñan acceso a medicamentos de alta calidade, seguros, eficaces e alcanzables, e que a industria farmacéutica da Unión Europea siga sendo competitiva, innovadora e sostible.

A Asociación Española de Dereito Farmacéutico (ASEDEF) ten como obxectivo a investigación, promoción, progreso e difusión do ordenamento xurídico relacionado cos medicamentos, servizos e produtos farmacéuticos e sanitarios, apostando pola transformación dixital como reto e oportunidade para fortalecer o noso sistema sanitario e propoñendo a necesidade de abordar as políticas necesarias para alcanzar estes obxectivos.

Imaxes relacionadas