Fernández-Tapias inaugura en Vigo o VI congreso empresarial “Acción e Implicación”

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a iniciativa da Asociación de Empresarias de Galicia para alcanzar unha sociedade “libre de prexuízos e estereotipos”

Vigo, 8 de novembro de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este martes na apertura do VI Congreso Empresarial “Acción e Implicación” que organiza a Asociación de Empresarias de Galicia coa colaboración do Goberno galego.

 

“Existe desde a Xunta de Galicia unha aposta decidida por incorporar a perspectiva de xénero no punto de partida de todas as políticas”, sinalou a representante autonómica durante a súa intervención na sede de Afundación.

 

A xornada do VI Congreso de Empresarias Galicia, busca ser o máis completo e formativo posible coa organización de relatorios e catro talleres formativos: mailchimp, Instagram, emprendemento e Whatsapp Business.

 

A presentadora das actividades é a actriz Estíbaliz Veiga e no congreso participan empresarias e emprendedoras como Gloria Lomana, Marta Casao Maestre, Carmen Álvarez Rodríguez, María Fernández, Estefanía Bastos, David Veloso e Mela Iglesias.    

Imaxes relacionadas