A Delegación Territorial acolle a exposición de fotografías ‘Falando en prata’

Lugo, 7 de novembro de 2022

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle desde hoxe e ata o día 25 de novembro a exposición Falando en prata, un certame de fotografía actual con métodos e técnicas tradicionais, que reúne 24 imaxes capturadas a través da cámara analóxica ou de carrete e reveladas en papel con bromuro -ou clorobromuro- de prata. Está impulsada polo Ateneo de Ourense e chega a Lugo da man do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

 

Na inauguración participaron o delegado territorial, Javier Arias, e os fotógrafos Pablo González, en representación do Ateneo; Eduardo Ochoa, de Fonmiñá, e Xosé Manuel Otero; os dous últimos, xunto con Alejandro Real, son os representantes lucenses na mostra.

Imaxes relacionadas