O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación de Xantar

Ourense, 07 de novembro de 2022

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebrará en Ourense entre o 9 e o 13 de novembro, e que seguirá a promocionar a Gastronomía dos distintos Camiños a Santiago, tanto os que atravesan España como Portugal

Expourense converterase no epicentro do turismo enogastronómico peninsular, reunindo a 165 expositores e con 5 países representados (España, Portugal, Estados Unidos, Perú e Costa Rica). Contará ademais con 8 restaurantes, 3 aulas gastronómicas, 1 aula de catas comentadas e 1 espazo de degustación e promoción das festas gastronómicas de Galicia.

Imaxes relacionadas