A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas OU-403 e OU-536, na provincia de Ourense

As intervencións realizaranse ao paso destas vías polos concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño, Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo e Castro Caldelas 

Proseguirán os traballos na OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-504, OU-180 e OU-209, no Carballiño, Maside e Leiro; na OU-113, en Verín e Vilar de Barrio; e na OU-510, en Ourense

Tamén continuarán as tarefas iniciadas na vía de altas prestacións VG-1.3, ao paso por Oleiros, Sada e Cambre; e na CG-2.1, nos municipios lucenses de Monforte, Pantón e Saviñao

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2022

A Xunta iniciará o luns traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas OU-403 e OU-536, na provincia de Ourense.

As intervencións realizaranse, concretamente, na OU-403 ao seu paso polos concellos de Ribadavia e Castrelo de Miño; e na OU-536, no seu percorrido polos municipios de Ourense, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo e Castro Caldelas.

A próxima semana continuarán tamén estas actuacións na provincia de Ourense na estrada OU-212 ao seu paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-504, OU-180 e OU-209 no Carballiño, Maside e Leiro; na OU-113, en Verín e Vilar de Barrio; e na OU-510, en Ourense.

Tamén, proseguirán os labores iniciados a pasada semana na vía de altas prestacións VG-1.3, ao paso polos municipios da comarca da Coruña de Oleiros, Cambre e Sada; e na AC-566, en Cedeira.

Ademais, seguirán estes traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, nos municipios lucenses de Monforte, Pantón e Saviñao.

Na provincia de Pontevedra proseguirán as rozas iniciadas nas pasadas semanas na estrada PO-551 en Moaña; na AG-51 en Salvaterra de Miño; en distintos tramos de AG-46, CG-4.1, VG-4.6 e VG-4.5, en Moaña e Cangas; e na estrada PO-504, na rotonda do Vinquiño, en Sanxenxo.

Conservación nas vías de titularidade da Xunta

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Ademais, retiraranse máis de 5.600 árbores situadas no dominio público das estradas, susceptibles de provocar lumes ou de supoñer un risco de caída na calzada. Tamén se levará a cabo a reparación de 22.500 metros lineais de valado dos noiros perimetrais das estradas.

Como novidade na encomenda de 2022, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Imaxes relacionadas