Trenor participa na inauguración da II Feira do Playmobil que se celebra esta fin de semana en Curtis

Curtis (A Coruña), 5 de novembro de 2022 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, participou na inauguración da II Feira do Playmobil organizada  pola Asociación Española de Coleccionistas de Playmobil (Aesclick) en colaboración co Concello de Curtis.

Con esta II edición, o municipio consolídase como unha cita indispensable para os amantes e coleccionistas das figuras de Playmobil. Trenor lembrou o atractivo desta cita festiva que comezou o venres e que se prolongará ata o domingo no recinto feiral de Curtis con entrada libre e cun amplo programa de actividades A pasada edición contou con máis de 5.000 asistentes.

 

Imaxes relacionadas