A Xunta pon en valor o voluntariado como dinamizador da mocidade e do medio rural

Boqueixón (A Coruña), 5 de novembro de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, achegouse hoxe a coñecer o programa de voluntariado xuvenil do Val do Ulla, en Boqueixón. Alí puxo en valor que este proxecto, que reúne a mozos de Vedra e Boqueixón, está apoiado pola Xunta de Galicia no marco das axudas de voluntariado.

 

Pichel lembrou que o Goberno galego segue apostando polo voluntariado por permitir fomentar un ocio responsable e unha aprendizaxe non formal entre a xuventude. Neste sentido, apuntou que a Xunta ten en marcha un novo programa de voluntariado interxeracional no medio rural que permite que persoas de máis de55 anos transmitan a súa experiencia á mocidade.