Jesús Montouto toma posesión como xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Lugo

Lugo, 4 de novembro de 2022

Jesús Montouto González tomou hoxe posesión como xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Lugo, e mantivo a primeira reunión co delegado territorial da Xunta, Javier Arias.

Montouto é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e funcionario de carreira do corpo superior. Procede da Deputación Provincial de Lugo, onde estivo vinculado aos servizos de xestión tributaria e recadación. Entre os anos 2003 e 2009 foi xefe do Servizo Xeral de Xestión do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).

Imaxes relacionadas