Miranda asiste á inauguración na Casa de Galicia en Madrid da exposición ‘Morriña de Estrelas’ de Lola Doporto

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á inauguración da exposición “Morriña de Estrelas” da pintora de Valdeorras, Lola Doporto, na Casa de Galicia en Madrid. A mostra, que poderase contemplar ata o próximo 30 de novembro, está composta por diversos lenzos nos que se representan figuras e composicións inspiradas no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Rodríguez Miranda e Lola Doporto foron recibidos nesta inaguración polo director de Casa de Galicia, Juan Carlos Serrano.

 

Tal e como asegurou Rodríguez Miranda, esta mostra enche “de plasticidade expresiva e cor” un espazo expositivo de primeiro orde como é a Casa de Galicia en Madrid. Felicitou a artista pola súa achega á imaxinería propia do mestre Mateo e animou a tódolos veciños da capital de España a visitar unha exposición inspirada no “campo de estrelas” que é Compostela e no propio Camiño de Santiago.

Imaxes relacionadas