O delegado da Xunta e o Director Xeral de Persoas con Discapacidade acompañan aos membros de AGAL na celebración do seu XXV aniversario

Oleiros, 3 de novembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo Director Xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participaron no acto da inauguración da xornada con motivo do XXV aniversario da Asociación Galega de Lupus (AGAL).

 

Trenor destacou o gran obxectivo desta entidade que é axudar nos planos moral, físico e educativo a todas as persoas afectadas de Lupus en todas as súas formas ou tipos, independentemente do grao que padezan, facilitando o acceso aos servizos enfocados á prevención dunha situación de dependencia. Ademais, lembrou que AGAL conta desde fai unhas semanas cun novos espazo no edificio Amizar que “esperamos contribúa a seguir dando visibilidade a esta doenza”.

Imaxes relacionadas