A Xunta traslada ao Club Financeiro de Santiago que o tecido empresarial vai ser parte da solución ante o actual contexto económico

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022.-

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co Comité Executivo do Club Financeiro de Santiago de Compostela, no que tivo oportunidade de escoitar as súas propostas e inquedanzas, ao tempo que lles trasladou as diferentes ferramentas que a Xunta de Galicia pon ao dispor das pemes galegas.

 

Na xuntanza, Conde resaltou a importancia da colaboración público-privada e fixo fincapé en que Galicia confía na capacidade do seu tecido empresarial para ser parte da solución ante o actual contexto económico. Ademais, destacou a oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation, reclamando máis axilidade, máis equidade e máis diálogo na súa execución por parte do Goberno central.  

Imaxes relacionadas