A Xunta destinará o vindeiro ano 4,7M€ ao Bono Enerxía Peme para seguir apoiando a mellora enerxética dos negocios galegos

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá a empresa Eventos Señoráns, unha das 660 beneficiarias da convocatoria deste ano

 

Meis (Pontevedra), 3 de novembro de 2022.-

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Meis as instalacións da empresa Eventos Señoráns que realizou melloras de iluminación grazas ao programa autonómico Bono Enerxía Peme.

 

En concreto, substituíu toda a iluminación da sala Antiga destilería e do salón de vodas por un sistema led que lle permitirá aforros do 67% ao ano. En total, a Xunta outorgou 6000 euros de axuda para un investimento total de 7948 euros.

 

Eventos Señoráns é un dos ao redor de 660 beneficiarios da última convocatoria do Bono Enerxía Peme que recibirán 3M€ para a mellora enerxética das súas instalacións.
O programa ía dirixido a pemes e autónomos que desenvolveran actividades no comercio, hostalería, artístico-recreativas ou outros servizos
.

 

Tal e como explicou o diretor xeral, a Xunta convocará em 2023 unha nova edición deste programa ao que destinará 4,7M€ e que incorporará, tamén, actuacións de asesoramento enerxético. Con este tipo de medidas, o Goberno galego quere estar ao carón de pemes e autónomos para que poidan rebaixar a súa factura eléctrica, favorecendo investimentos no eido da eficiencia enerxética que lles permitan manter a súa competitividade. Para lograr este obxectivo, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) contará en 2023 cun orzamento que medra ata os 80M€ e que se destina tanto ás empresas como aos fogares e ás administracións.

Imaxes relacionadas