Fernández-Tapias inaugura en Vigo o Congreso e a Asamblea Nacional do Alumnado de Enxeñaría Industrial

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a presenza na cidade dos representantes de alumnos de 15 universidades españolas

A xuntanza en Vigo coincidirá co 40 aniversario da creación da Aerraaiti e combinará unha parte formativa con diferentes visitas a empresas locais

Vigo, 2 de novembro de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este mércores na inauguración do  LXVII Congreso da Aerraiti (Asociación Estatal de Representantes de Alumnos de Enxeñaría Industrial) que durante esta semana (do 2 ao 6 de novembro) reúne na cidade a medio cento de delegados de estudantes de 15 universidades de todo o territorio nacional.

 

“Aproveitade o tempo para ampliar a vosa representación estudantil, conectade tamén co tecido empresarial vigués do que podedes aprender moito e establecede redes de contactos e colaboracións con outros institucións que poden enriquecer a vosa formación”, sinalou a representante autonómica durante a súa intervención.

 

A xuntanza en Vigo coincidirá co 40 aniversario da creación da Aerraaiti e combinará unha parte formativa, incluíndo neste apartado unha mesa redonda sobre transición enerxética, na que se contará coa participación de representantes do INEGA, Repsol, Iberdrola e a propia UVigo, con diferentes visitas a empresas locais, entre elas GKN Driveline.

 

Ademais, os representantes do alumnado realizará tamén visitas ao Porto de Vigo, aos laboratorios da propia escola e do Cintecx, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais. O programa pecharase no edificio Redeiras coa celebración, venres e sábado, da Asemblea Xeral, o acto de maior transcendencia dentro de toda a programación e na que, entre outras cuestións, se procederá á renovación das comisións e dos cargos que procedan da Xunta de Goberno.

 

No acto de presentación, a delegada territorial da Xunta estivo acompañada por José Luis Míguez Tabarés, vicerreitor de Planificación e Sostibilidade; Juan Pardo, director da Escola de Enxeñería Industrial; José Antonio Galdón, presidente do Consejo General de la Ingeniería Técnica Industrial (Cogiti), e Santiago Gómez-Randulfe, presidente del Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais.  

Imaxes relacionadas