Trenor destaca que a UNED cumpre 50 anos como a institución académica máis grande de España

A Coruña, 27 de outubro de 2022 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou no acto de apertura do curso da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

 

Na súa intervención lembrou que a UNED cumpre cincuenta anos, unha cifra que se constrúe coa suma de moitos esforzos e puxo en valor que hoxe licéncianse tres promocións de estudantes que son ?cada un de eles? testemuño de que a UNED é unha institución viva e chea de saúde. O delegado da Xunta apontou que “a Universidade Nacional de Educación a Distancia é a institución académica máis grande de España, tanto en número de estudantes como na súa oferta académica, e o maior campus de Europa”.

Imaxes relacionadas