A Xunta apoia ao Centro Juan María de Nigrán na inauguración do seu novo ximnasio

Nigrán (Pontevedra, 27 de outubro de 2022 A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, en compañía do director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou na inauguración do novo ximnasio do Centro Juan María de Nigrán.

 
Fernández-Tapias salientou o apoio do Goberno galego a esta entidade que traballa para mellorar a autonomía e a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade. Neste sentido, recordou que a Xunta de Galicia, a través da orde de IRPF achegou máis de 35.000 euros nos últimos dous anos a esta asociación.

Imaxes relacionadas