A Xunta de Galicia destaca a importancia que o sector mineiro terá na transición ecolóxica e dixital

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2022 A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta mañá en Santiago de Compostela na xornada Minerais estratéxicos para a industria galega, onde destacou a importancia que este sector terá na transición ecolóxica e dixital.

 

A secretaria xeral explicou a aposta que desde a Xunta se vai facer nos orzamentos de 2023 para deseñar a Galicia industrial de 2030, un novo modelo para acadar unha economía descarbonizada e dixitalizada que require de materias primas e procesos de produción eficientes. Neste sentido, puxo en valor o traballo do sector mineiro galego, que resulta estratéxico por ser provedor de materias a moitas outras industrias clave da economía galega.

Imaxes relacionadas