O 'Desfoga' de Cambados súmase na súa terceira edición aos festivais escénicos subencionados pola Xunta

Cambados (Pontevedra), 25 de outubro de 2022 A Xunta de Galicia apoia a Asociación Compañía de Teatro Caracol no desenvolvemento ata finais de mes en Cambados da terceira edición do Festival Desfoga, que este ano se incorpora á listaxe de mostras escénicas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través da convocatoria que distribúe 200.000 euros entre 13 citas organizadas de xeito profesional.

 

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación do evento, que emprega as artes vivas para poñer o foco na comunidade LGTBIQA+ e lles dar visibilidade a estes colectivos e aos problemas aos que se enfrontan. Dirixido por Begoña Cuquejo e Matías Daporta, a súa programación intensifícase do 27 ao 29 de outubro con espectáculos como o cabaret Panorama, de Pere Fauna, e Circografía travesti, de Victoria Sickness, concertos como os de Artemisa e O Rabelo, un podcast ao vivo con Tola Eu, Nuria Vil e Artemisa, e unha conferencia performativa con Andrea Quintana e Gena Baamonde, entre outras actividades.

Imaxes relacionadas